O “Punto Limpo” de O Rosal adáptase ao horario de inverno

✍️📸 Concello do Rosal

Tal e como se informa dende o Concello do Rosal “o novo horario comeza este mesmo martes 27 de outubro. O bo uso do servizo por parte da veciñanza permitiu reducir a lista de agarda e xa é posible pedir cita para o día seguinte“.

A partir deste mesmo martes 27 de outubro o horario de apertura do punto limpo modificarase lixeiramente para adaptarse ao horario de inverno. Deste xeito permanecerá aberto ao público:
• Martes, xoves e venres (mañá): de 08.30 a 13.30 horas
• Mércores (tarde): de 15.00 a 18.00 horas
• Sábados (mañá): de 10.00 a 13.00 horas

Dende o Concello quere agradecerse ás persoas usuarias do punto limpo os bos hábitos adquiridos durante estes últimos meses, como o de presentar os residuos ben separados e clasificados ou agrupar cantidades maiores de material para optimizar as viaxes ata estas instalacións municipais. Todo isto permitiu reducir a lista de espera para deixar residuos no punto limpo e a día de hoxe xa é posible pedir cita para o día seguinte.

Recoméndase pedir cita previa a través da web do Concello a través do apartado Medio Ambiente do menú principal da páxina, pinchando en ‘Cita Previa Punto Limpo’. Soamente debe premerse o botón ‘Cita previa’, seleccionar o día e a hora que máis conveña para facer a entrega de residuos, cubrir os datos e indicar a tipoloxía de residuos a entregar e a cantidade en capachos que se leva de cada un deles. Neste mesmo apartado poderase atopar as indicacións para o uso das instalacións, como o límite máximo admitido para algúns dos residuos. Tamén se pode seguir solicitando cita previa chamando ao teléfono 986 625 000 extensión 3002.

Dada a situación sanitaria é imprescindible manter a cita previa que, ademais de ser unha ferramenta para evitar o risco de contaxio para a veciñanza e o propio persoal, ao controlar a afluencia de xente ás instalacións, tamén supón unha vantaxe para as persoas usuarias deste servizo, que non teñen que facer colas nin agardar demasiado tempo no exterior das instalacións agardando a ser atendidas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies