Boas novas nos chegan dende Olván (Barcelona), xa que o piloto de O Rosal, Gabriel Marcelli Carballido (Montesa), vén de gañar a quinta e penúltima proba do Campionato de España de Trial que se celebrou durante esta fin de semana. Acompañaron ao noso crack no podium Jaime Busto (Vértigo) e o ex-campión do Mundo, Adam Raga (TRRS).
Dende Noticias O Rosal a nosa enésima noraboa. Grande, Gabri!