O Novás vence con Iago Flores de “Pichichi”

Ismael Martínez, adestrador do primeiro equipo do Acanor Atlético Novás

O Acanor Atlético Novás venceu este sábado 8 de abril en O Rosal ao filial do Teucro por un marcador final de 32 a 24 goles. Os homes de Ismael Martínez chegaron ao descanso perdendo por un tanto (16-17) para xa na segunda parte darlle a volta ao partido desplegando un bo xogo e estando acertados nas contras.

Manu Martínez encarando a defensa rival

Destacar un encontro máis, ao capitán Manu Martínez, que con 7 goles foi o máximo goleador da contenda xunto co visitante Alberto Garrido. O rosaleiro estivo ben franqueado tamén por Miguel Trigo (6 goles) e Iago Flores (5 goles). Precisamente Iago é o “Pichichi” do Novás con 107 tantos en 27 xornadas disputadas.

Iago Flores 107g
Manu Martínez 98g
Germán Hermida 90g
Nico López 79g
Miguel Trigo 67g
Yago Alonso 52g
Rubén Figueirido 51g
Dani Pintus 47g
César Armán 38g
Miguel Sío 37g
Roberto “Harris” 25g
Isma Rodríguez 18g
Ramón Pumariega 17g
Carlos Rodríguez 14g
Sayad 6g
Manu Dorna e Teixeira 1g

O xerente de Acanor, Moncho Vicente, patrocinador oficial do club, xunto con Aurora Lomba, unha das coordinadoras da “Base”, fixéronlle entrega dunha tablet de 10” e unha camiseta oficial a Beatriz Pena Alonso, como gañadora do concurso de diseño da Mascota do Novás.

A vindeira cita para o Acanor Atlético Novás (5º clasificado, 40 puntos) será o sábado 22 de abril na casa do Rodosa BM. Chapela (4º clasificado, 42 puntos).

Manolo “Campelo” conversando cunha das colexiadas do encontro

Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe do Novás-Teucro.
« 1 de 7 »

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies