
Hoxe cúmprense 5 anos do falecemento do mítico central Pablo Herbello, ex-xogador do Bueu Atlético e, por suposto, do Atlético Novás, onde deixou a súa inesquecible impronta, tanto na pista como a nivel humano.

Con tan só 33 anos e despois dunha longa enfermidade, o 1 de marzo de 2013 o mundo do deporte e do balonmán galegos tinguíanse de loito para despedir a Pablo Herbello.
O 9 de marzo daquel ano, no partido que enfrontou ao Novás e o Seis do Nadal, O Rosal tributoulle a Pablo unha sentida homenaxe, coa presenza dos seus familiares, amigos e a súa incondicional afección.
