O Novás gaña no debut en O Rosal de ‘Seuf’

Acanor Atlético Novás venceu en O Rosal ao Academia Octavio por un abultado marcador de 27 a 13 goles, nun partido correspondente á xornada 18 de Liga e que serviu para recuperar as sensacións outrora perdidas.

O equipo que dirixe Ismael Martínez levou de principio a fin a batuta do encontro no debut en O Rosal da nova fichaxe, o xogador franco-marroquí Seufyann Sayad.

Nada puido facer o exadestrador do Novás, Modesto Augusto, co seu Octavio, para dobregar ao conxunto rosaleiro, segundo equipo menos goleado da categoría e que con esta vitoria segue nos postos altos da clasificación do Grupo A da Primeira Nacional, que segue liderada polo Calvo Xiria.

Desta vez, os máximos goleadores da contenda foron Yago Alonso, Germán Hermida e o “capi” Manu Martínez, con 5 goles cada un. Destacar así mesmo, o “regreso” pouco a pouco, tras a súa grave lesión, dun dos pilares deste proxecto, Roberto Rodríguez “Harris”, autor de 3 tantos. 

GOLEADORES | Segundo comunica o Novás, estes son os máximos anotadores do club esta tempada.
▶ Nicolás Lopez 79g
▶ Iago Flores 69g
▶ Manu Martínez 51g
▶ Germán Hermida 46g
▶ Rubén Figueirido 41g
▶ Miguel Trigo 40g
▶ Miguel Sío 37g
▶ Dani Pintus 35g
▶ Yago Alonso 31g
▶ César Armán 22g
▶ Isma Rodríguez 14g
▶ Ramón Suárez 10g
▶ Carlos Rodríguez 8g
▶ Roberto ‘Harris’ 7g
▶ Seufyann Sayad e Jorge Teixeira 1g

O partido tamén tivo un carácter solidario, pois Acanor e Conrazones volveron a unir as súas forzas “recollendo alimentos para as familias máis necesitadas do Baixo Miño”.

O presidente desta asociación, Piño Gómez, dende a pista, deu o seu sentido agradecemento, tanto ao propio club do Novás como “a todas esas persoas que hoxe encheron o pavillón do Rosal e colaboraron con nós”.

Este sábado 11 de febreiro, o Acanor Atlético Novás (5º clasificado) enfrontarase ao Magope Seis do Nadal (10º clasificado) en Coia, buscando unha nova vitoria que sería, sen dúbida, crucial para as aspiracións do club da vila.

Velaquí vos deixamos o enlace á reportaxe fotográfica de Óscar Rodríguez Castro e, debaixo destas liñas, as imaxes de J.R. O Rosal.

« 1 de 6 »

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies