Mar. Dic 7th, 2021

Información: Concello do Rosal

Velaquí vos deixamos, íntegra, a nota de prensa remitida dende o ente municipal á nosa Redacción.

Abril será o mes do libro no Rosal. O Concello preparou para este mes unha programación especial coa que invitar a toda a veciñanza a desfrutar da literatura e a conmemorar o vindeiro 23 de abril o Día do Libro dun xeito diferente, con actividades presenciais e virtuais para todos os públicos.

O ciclo de actividades arrancará o venres 2 de abril (19.00 h) da man de Marcos Escudero, que ofrecerá a primeira das tres actuacións presenciais que se celebrarán no auditorio municipal con inscrición previa e cumprindo con todas as medidas e protocolos de seguridade. Será con ‘Con area cousasdebuxo’, un espectáculo visual para público infantil e familiar no que se fusionarán técnicas como as sombras chinesas, o cómic, a animación… para contar tres historias a través das imaxes que Marcos Escudero irá debuxando con area sobre o cristal dunha caixa de luz. As persoas interesadas xa poden inscribirse na web do Concello. Entrada de balde e aforo limitado a 60 persoas.

O sábado 17 de abril (19.00 h) chegará ao auditorio a narradora Marta Ortiz co seu contacontos ‘Galicia Máxica’, un espectáculo cheo de tradicións galegas, romances, cancións e xogos tradicionais cos que achegar a nenos e nenas o patrimonio cultural galego dun xeito divertido. Xa o domingo 25 de abril (19.00 h) será a quenda do Mago Teto e o seu espectáculo de maxia ‘As nosas letras’, unha homenaxe á cultura, á tradición e ás costumes galegas a partir dunha escolma de destacadas pezas da literatura galega. Ambas as dúas actuacións serán de balde con inscrición previa.

E moito máis

A programación para este mes completarase cunha proposta interactiva na que se invita a toda a veciñanza a participar enviando un vídeo recomendando un autor e un libro e mesmo lendo un parágrafo da obra. Membros do Club de Lectura do CPI Manuel Suárez Marquier tamén farán as súas recomendacións de forma visual e diferentes rosaleiros e rosaleiras participarán na lectura de ’27 historias para tomar sopa’ poñéndose ante a cámara para ler as historias para nenos e nenas que recolle o libro. Entre todas as persoas que participen nestas iniciativas sortearase un lote de libros.

Todas estas iniciativas difundiranse a través da web e das redes sociais do Concello xunto a un vídeo do alumnado do CPI lendo un conto, outro da libraría do Rosal dando a coñecer o máis demandado nestes intres en literatura para diferentes idades e un vídeo promocional da Biblioteca municipal. Será precisamente a biblioteca e os seus usuarios e usuarias os protagonistas doutra actividade: o premio ao bo lector na categoría de Infantil, Xuvenil e Adulto, que se entregará o vindeiro 23 de abril.

Dende o Concello queremos agradecer a colaboración desinteresada de todas as persoas que participan neste proxecto, iniciativas culturais tan necesarias nestes intres”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies