Mar. Nov 29th, 2022

📸✍️ J.A.D. (Concello de A Guarda)

Este mércores día 1 de xuño o Centro Cultural da Guarda acolle ás 19:30h unha actividade organizada dende o Conservatorio de Música da Guarda e na que será presentado o libro-DVD “Irmáns Flores os gaiteiros de Novás” de Xerardo F. Santomé e Xosé Miguélez, dedicado aos mestres gaiteiros Emilio e José Flores Costas, afamados por ter participado en cantas festas e romarías se fixeron no Baixo Miño desde a década dos 1940 e admirados por cantos e cantas alumnos e alumnas de música tradicional teñen pasado polas súas aulas, sen preocuparse de que lugar ou concello fosen. Creadores de orquestras, murgas, charangas e cuartetos tradicionais e incluso integrantes de bandas de música populares.

O evento consistirá nunha pequena presentación do libro que, co mesmo nome, foi editado pola Asociación Gaiteiros da Xistra en xuño do ano pasado. Ademais o grupo Xistra de Coruxo ofrecerá un concerto baseado no repertorio dos protagonistas e acompañará a un colectivo de alumnos e alumnas do conservatorio na interpretación conxunta dalgunhas das súas pezas máis senlleiras.

Xerardo F. Santomé nunha presentación en O Rosal (2012)

A Asociación Folclórica Gaiteiros da Xistra foi creada en 1994 para dar amparo legal e visibilidade aos traballos de investigación musical baseado en traballos de campo que xa se desenvolvían dende principios da década de 1980, difundidos polo seu grupo máis senlleiro Xistra de Coruxo dende a súa fundación en marzo de 1988.

Para unha mellor comprensión da metodoloxía do seu labor resulta imprescindible definir e entender o concepto “Xistralia” como un país que abrangue o seu espazo de traballo, pois abrangue, especialmente, o sur da provincia de Pontevedra e a zona do Alto Minho portugués por entender que forman unha única cultura. Ao longo destes anos, a asociación ten desenvolvido multitude de traballos de campo na recollida de músicas e costumes que noutrora formaron parte da vida e do divertimento dos nosos devanceiros e que viron a luz pública a través da edición de proxectos aproveitando todos as canles posibles de difusión.

Asemade, ten espallado moitos destes proxectos actuando en festivais e concertos tanto a nivel autonómico, como estatal e incluso internacional (Bretaña, Occitania, Chequia, Croacia, Portugal, Languedoc e Alemaña en diversas ocasións), organizado encontros internacionais de tipo didáctico con outros lugares onde a gaita forma parte do folclore máis representativo e colaborado con outras entidades deses mesmos ámbitos”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies