O humorista “Quequé” actuará en O Rosal

Quequé

Foto: Gloria Murt

Segundo vén de comunicar nas redes sociais o Acanor Atlético Novás, “o humorista salmantino Héctor de Miguel, coñecido popularmente como Quequé, estará en O Rosal o próximo 22 de outubro”.

Quequé foi o gañador do II Certame de ‘El Club de la Comedia‘ e, entre outros programas de televisión, ten colaborado en “La noche… con Fuentes y Cía”, en “Noche Hache” ou copresentando en TVE1 con Manuel Campo Vidal “Los anuncios de tu vida”.

queque-en-o-rosal

Dende Noticias O Rosal lembramos que o Acanor Atlético Novás ten organizado xa varios monólogos con humoristas de recoñecido prestixio, como David Amor, Sara Escudero ou último de J.J. Vaquero, no mes de marzo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.