O grupo de música tradicional de O Rosal, Lilorai, volve aos escenarios este sábado 12 de setembro, a partir das 19:45 horas, tal e como veñen de anunciar nas redes sociais.
A actuación terá lugar no Auditorio do Centro Sociocultural de Valladares (Vigo), con motivo da oitava edición de “A música tradicional Re-vista”.
Lembran dende Lirolai que a entrada ao evento será de balde, con aforo limitado “con reserva previa e cumprindo a normativa sanitaria vixente”.
Más información no teléfono 986 467 053.