O Grupo de Baile ‘Xamaraina’ actúa en O Rosal

Segundo comunica Sandra Alonso dende dependencias municipais “entre as actividades programadas para o mes de marzo, mes da muller no concello do Rosal, contaremos o domingo 5 de marzo co grupo de baile XAMARAINA”.

“Debido a problemas alleos á nosa vontade, o espectáculo de baile de Xamaraina previsto para o sábado será aprazado un día, quedando como data final o domingo 5 de marzo. A hora de comezo, será ás 18.00 horas e o emprazamento continúa sendo o Auditorio Municipal do Rosal”, sinala Alonso.

Lémbrase que “un ano máis a Concellería da Muller organiza diferentes eventos que se levarán a cabo durante este mes coincidindo co día 8, Día Internacional da Muller. Nas próximas datas confirmaremos os diferentes actos, así como os seus horarios”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies