O Goián C.F. de Noé Cortiñas Brey, ascende a 2ª

Goián C.F. senior de Noé Cortiñas (2º de pé, pola dereita). Foto: Adrián da Silva / Goián

O equipo senior do Goián C.F., adestrado polo míster rosaleiro Noé Cortiñas Brey, vén de conseguir o ascenso a 2ª Autonómica tras gañar a domicilio no último partido de Liga ao G.D. Miño (0-4).

Equipo titular que puxo en liza na Guarda Noé Cortiñas

O Goián C.F., segundo clasificado con 66 puntos en 28 partidos, sobe con este último triunfo de categoría, acompañando ao líder CD Pontellas B (72 puntos). Destacar que o equipo de Noé foi -con diferencia- o máximo goleador do Grupo 15 da Terceira Autonómica con 103 goles e o terceiro menos goleado con 29 goles.

¡Dende Noticias O Rosal, noraboa ao club Goián C.F., ao seu míster Noé Cortiñas e a toda a súa afección!

Javi Fernández, Noé Cortiñas e Éder Matías. (Foto: Éder / facebook).

1 thought on “O Goián C.F. de Noé Cortiñas Brey, ascende a 2ª

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies