Dom. Jul 3rd, 2022
Ángel, actuando como capitán, nunha imaxe recente, en acción co RC Celta (📸 José Arcos)

O futbolista rosaleiro Ángel Arcos Cadilla, xogador do Real Club Celta de Vigo, vén de ser convocado novamente con Galicia. Desta vez, recibiu a chamada do adestrador David Páez, da Selección Galega Sub 16, para a disputar a fase final do Campionato de España que terá lugar en Pontevedra.

Hai que lembrar que Ángel naceu o 18 de abril de 2006 en Pías (San Miguel de Tabagón). Como curiosidade, na U.D. Ribera, no seu ano en pre-benxamíns meteu nada máis e nada menos que 152 goles. A actuación desa tempada motivou que o R.C. Celta de Vigo quixera contar cos seus servizos, cousa que non ocorrería ata varios anos máis tarde.

Xa en alevín de segundo ano ficha polo Celta, sendo elixido -entre outros méritos- Mellor xogador da Vigo-Cup (2016) ou Mellor xogador do Torneo Internacional Pinares-Cup (Zaragoza, 2017), un evento que reúne as mellores canteiras de España.

Segundo lemos na web da Real Federación Galega de Fútbol, o crack de O Rosal é un dos elixidos “para representar a nosa camiseta na fase final do Campionato de España sub 16 masculino de Seleccións Autonómicas que se disputará do 17 ao 22 de xuño en Pontevedra (Galicia)”.

Ángel e os seus compañeiros de Selección competirán polo Campionato de España no Grupo Ouro “despois de certificar senllos billetes na primeira fase que tivo lugar en Asturias”.

Ata Pontevedra, comunica a RFGF “desprazaranse nesas datas un total de 38 seleccións (19 en cada categoría) e máis de mil participantes, co impacto que estas cifras supoñerán para todos os sectores da cidade do Lérez. Serán, sen dubida, seis días de fútbol en estado puro co título nacional en xogo na Boa Vila”.

Ángel, terceiro pola esquerda, diante, cos seus compañeiros de Selección

Dende Noticias O Rosal, moita sorte e os nosos sinceros parabéns, Ángel!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies