Jue. Oct 6th, 2022

O sábado 17 de setembro -e despois de 4 anos de parón pola covid- tivo lugar no Bar Troya (Marzán – O Rosal) un novo torneo de futbolín. Organizado polo establecemento anfitrión, que rexenta Mª Jesús Rodríguez ‘Susa’, este evento deportivo contou coa colaboración dos tamén rosaleiros Bar Cafetería Nenza Xida e Librería & Editorial Tamuxe.

Jorge e Andrés, logo dun disputadísimo campionato, resultaron ser os vencedores deste Open de Futbolín 2022, tras vencer na final ao equipo formado por Gabri e Bryan. O terceiro posto que completou o podium foi para Dany e Ruth.

Andrés e Jorge, campións, con Susa.

Os campións Jorge e Andrés levaron como premio sendos trofeos conmemorativos, dúas botellas de exquisitas bebidas espirituosas do Bar Troya, ademais de disfrutar cada xogador dunha cea para dúas persoas na Nenza Xida.

Bryan e Gabri, subcampións, con Susa

Gabri e Bryan, subcampións deste Open, lévanse dúas camisetas de “Licor Café” e dúas botellas de Fonte do Frade (Pazo Valdomiño) donadas por Editorial Tamuxe.

Dany e Ruth, terceiros clasificados con Susa

Pola súa banda, Ruth e Dany, como terceiros clasificados, uns curiosos cadernos de la “Fábrica de Nikis” e dous libros en galego cada un, obsequio tamén de Tamuxe.

Lembramos que neste campionato* -para ir quencendo e retomar a competición- limitouse a participación a tan só 20 prazas  (10 equipos). Esta foi a clasificación final, onde Jorge foi proclamado mellor porteiro e Andrés, mellor xogador:

CAMPIÓNS: Jorge e Andrés. 25 puntos.

SUBCAMPIÓNS: Gabri e Bryan. 18 puntos.

3º POSTO: Ruth e Dany. 15 puntos.

4º: Juan U. e Juan R. 12 puntos.

5º: Yeya e Álex. 10 puntos.

6º: Fran e Raúl. 8 puntos.

7º: Miriam e Trinta. 6 puntos.

8º: Mel e Marcos R. 4 puntos.

9º: Borja e Suso. 2 puntos.

10º: Desi e Marcos M. 1 punto.

*Podes ver todas as imaxes deste campionato no perfil de Noticias O Rosal en Facebook.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies