
Catro anos despois -e logo dunha pandemia mundial con duras restricións e aínda confinamento- o futbolín volve a soar libre, a renacer en O Rosal. E o fará oficialmente cun Torneo este sábado 17 de setembro (16:00 horas) no Bar Troya (Marzán), a “Catedral” baixomiñota deste xogo tradicional inventado polo galego Alexandre de Fisterra (Alejandro Finisterre).
Segundo nos conta Mª Jesús Rodríguez ‘Susa’, xerente do Troya “é un pracer volver a celebrar estes campionatos. Os nosos clientes levaban tempo suspirando por un torneo de futbolín, para xuntarse e disfrutar, así que xa tocaba. As 20 prazas que ofertamos cubríronse nun santiamén. Animamos a toda a xente a que veña a ver o espectáculo“.

Este Open de Futbolín 2022 de O Rosal conta coa colaboración na organización e nos premios do Café Bar Nenza Xida, rexido pola súa filla Zaira Solla Rodríguez e tamén da Librería Editorial Tamuxe que dirixe Juan Ramón M.B., CEO desta web.
Noraboa pola iniciativa e moita sorte a tod@s!