Mar. Nov 29th, 2022

O pasado xoves 18 de agosto estivemos no campo da Canosa (San Miguel de Tabagón) con motivo do primeiro adestramento da pretempada do equipo Grovias Futebol Gaélico, club fundado en O Rosal no ano 2016.

Segundo nos contan Simón e Macua dende Grovias este é un “deporte orixinal da Irlanda, onde é moi popular. Na Galiza existen na actualidade tres ligas. A Liga Gallaecia, unha competición mixta onde mulleres e homes compiten xuntos, é onde xoga Gróvias”. 

Os reporteiros de Editorial Tamuxe e Noticias O Rosal tras asistir ao adestramento dan fe da vistosidade deste xogo “que incorpora elementos de moitas disciplinas, como o fútbol, o rugby ou o balonmán. Pódese xogar cos pés ou coas mans, e contamos con dúas porterías onde anotar, unha de fútbol clásica (onde os tantos valen 3 puntos) e uns paus de rugby (onde os tantos valen 1 punto). Na Galiza xógase en equipas de 9 integrantes, e as dimensións do campo son as de un de fútbol”.

Hoxe, martes 23 de agosto (20:00 horas) terá lugar un novo adestramento na Canosa “aberto a todo o mundo, polo que toda persoa interesada en coñecer e probar este deporte pode acompañarnos. Na actualidade estamos preparando a liga 2022-2023, a que será a primeira despois do parón causado polo Covid”.

Grovias, do Baixo Miño, busca novas incorporacións para o seu equipo para disfrutar “practicando deporte e formar parte dun proxecto social e igualitario“. Como dicimos, dende hoxe, os adestramentos serán abertos todos os martes no Campo da Canosa (O Rosal). A disciplina é mixta, para mulleres e homes maiores de 16 anos.

Tes máis info nos perfís de facebook e instagram de Grovias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies