O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira -#OMáisLongoDaHistoria- que se celebrará do 10 ao 17 de xullo, vén de comunicar que o cartel xa está completo, incorporando finalmente a Fred Morrison, Bagad de Vannes Melinerion e Johnstone Pipe Band.
“Coas últimas incorporacións internacionais o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira pecha a súa programación musical e revela o cartaz completo para #OMáisLongoDaHistoria, ilustrado polo ortegueirés Martín Cal Mouriño.
O esforzo deste ano quixo estar á altura do agarimo, ánimo e apoio recibido por todos os seguidores da música celta, que tanto sentiron estes dous anos de ausencia. Desde o comité organizador conseguíuse conformar un cartaz cun equilibrio entre os talentos emerxentes e consolidados do panorama folk internacional, cun especial e intencionado énfase nas formacións de orixe galega.
Do mesmo modo, a organización agarda que do 10 ao 17 de xullo todos os asistentes volvan a compartir, como se ven facendo desde 1978, oito días de convivencia, música e posta en valor dunha cultura común para a que non hai fronteiras“.
Máis info en www.festivaldeortigueira.com