Jue. Oct 6th, 2022
O historiador e investigador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe foi convidado polo Concello de Ponteareas para participar no Encontro de Escritores en Lingua Galega que se celebrará o vindeiro venres 30 de maio ás 20:00 horas na Biblioteca Pública Municipal.
Este encontro, que estará moderado por Andrés Sampedro Fernández -escritor e concelleiro de Cultura de Ponteareas- versará sobre “a importancia de difundir o local”. 
Tamuxe compartirá experiencia e coñecementos nunha intervención cos recoñecidos escritores Francisco Candeira Mosquera, Alfonso Pexegueiro, Anxo Serafín Porto Ucha, Clodio González Pérez, Estanislao Fernández de la Cigoña e Manrique Fernández Vázquez.
Lembramos dende Noticias O Rosal que Xoán Martínez Tamuxe é asiduo colaborador da prestixiosa revista pontareá “Pregón” ademais de ter escrito multitude de artigos sobre a historia, etnografía e arqueoloxía da comarca do Condado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies