
O rosaleiro Diego Álvarez Fernández, na actualidade adestrador de fútbol do equipo “S.A.D. C.D.S.C. LA DEHESA“, categoría cadete, da 2ª División de Madrid, está levando aos seus xogadores a realizar unha fantástica tempada, pese á multitude de “atrancos”, como por exemplo dispoñer de tan só 12 fichas ou ¡non ter porteiro!
Tal é a actuación da S.C. La Dehesa dende que colleu as rendas o noso veciño, que nesta 2015/16 se atopa nun meritísimo 3º posto da Liga. Non son de estranar, polo tanto, as declaracións de Diego tras o último partido desta fin de semana, que os seus pupilos veñen de gañar por un contundente 10-2 fronte ao Real C.D. Carabanchel “C”: “Después de esta última jornada, quiero felicitar a todo el equipo, por la garra, coraje, empuje y sobre todo la capacidad que tenéis de adaptaros a una situación en la que llevamos desde el último partido de la 1ª vuelta, en la que, con tan sólo 12 fichas y sin portero, nos mantenemos en ese 3º puesto en la clasificación”.

O míster do Rosal resaltou a actuación do crack Pepe “que ayer nos ha dejado sin palabras tras conseguir anotar 7 goles en el partido” e que o converten no pichichi da categoría. Así mesmo declara sentirse “enormemente orgulloso de vosotros por vuestro sacrificio y trabajo. A tan solo 5 partidos de finalizar la temporada, solo os puedo decir que disfrutéis lo que nos queda, y que al final, consigamos o no el objetivo, nos vayamos con la cabeza alta”.
O vindeiro partido para Diego Álvarez e os seus valentes futbolistas nesa loita polo ansiado ascenso, será o sábado 9 de abril fronte ao CELTIC CASTILLA C.F. “B”
