Mar. Ene 31st, 2023

Informa: Concello do Rosal.

“O Rosal quenta motores para desfrutar un ano máis do Entroido. O Concello vén de abrir o prazo de inscrición para participar un ano máis no concurso de carrozas, comparsas, grupos, disfraces individuais e entroido tradicional, que encherá de música, cor e mascaradas o desfile que se celebrará o domingo 19 de febreiro ás 11.00 horas na vila.

O desfile percorrerá a rúa Xulio Sesto, dende a Rotonda da Feira e a rúa de Ramón Franco, ata o cruce coa Lomba. As persoas e asociacións interesadas en participar poderán inscribirse a través do Rexistro do Concello de forma presencial ou telemática ata o 8 de febreiro.

O concurso volverá contar cunha categoría coa que galardoar aos grupos que representen o entroido tradicional do Rosal. Por outro lado, tamén haberá premios para as carrozas formadas por un grupo mínimo de 6 persoas representando algún tema enriba dun elemento móbil; para as comparsas, que deberán contar cun mínimo de 10 persoas; para grupos, de entre 3 e 9 persoas; e para os disfraces individuais, que inclúe a parella para aqueles disfraces que requiran de participación conxunta, a modalidade infantil ata os 12 anos e a xuvenil-adulto a partir dos 13. En total repartiranse máis de 3.350 euros en premios entre os primeiros, segundos e terceiros postos de cada unha das categorías.

Xunto coa solicitude de inscrición deberase achegar ademais unha breve descrición dos disfraces que se presenten a concurso, xunto con fotocopia do DNI para as persoas participantes, con autorización do ou da representante legal en caso de menores de idade, ou coa CIF e DNI da persoas representante en caso de ser asociacións. As persoas que non se inscriban poderán participar no desfile, aínda que sen opción a premio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies