O deporte do balonmán conquista O Rosal

Balonmán na Rúa O Rosal

O deporte “rei do Rosal”, o balonmán, conquistará a vila rosaleira, xa que segundo comunica o Acanor Atlético Novás nas redes sociais, “coincidindo co XVIII Trofeo Concello de O Rosal, os directores da Base poñen en marcha unha iniciativa que agardamos que teña unha gran acollida”.

A Praza do Calvario, acollerá o próximo sábado 27 de agosto de 11 a 13 h a ‘I Edición do Balonmán na Rúa O Rosal‘. Haberá “varios campos de balonmán, hinchables, … todo isto amenizado por un DJ sorpresa”.

Ademais anuncia o Novás que “varios xogadores referencia no panorama nacional estarán firmando autógrafos e realizaranse varios sorteos”, polo que lembran que “se tes ate 14 anos, sexas nena ou neno, non o dubides e ven disfrutar de este evento”.

E por se fora pouco, dende o club que preside Andrés Senra, afírmase que “todos os participantes recibirán unha merenda saudable de maneira gratuíta”. Máis información no teléfono: 627 753 917.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies