
CORREOS. CARTERÍA E A SÚA UBICACIÓN
A Cartería, cunha rudimentaria oficina, tiña tres obxectivos, como mínimo. Primeiramente, supón a recollida (no correspondente buzón) con cartas. En segundo lugar, máxime, a correspondencia que alí se entrega e dirixida a calquera punto do planeta… levaría o mataselos da súa cartería, dese lugar, de onde saíu.
O terceiro requisito, que nun principio parece era de ritual (obrigado) e que últimamente coido non se estila, era que, ao chegar a correspondencia procedente doutras carterías, zonas, pobos, a Cartería receptora, selaba a carta que chega, no lado posterior, isto é, na parte do remite.

En fin, que CORREOS daba así testemuño de que esa carta chegara, cando menos, á cartería receptora. E esta sería a que pasaba a distribuir dita correspondencia a quen ía dirixida. Aportamos un exemplo do ano 1937.
Nesta segunda colaboración en Noticias O Rosal sobre a “Historia do Correo na nosa Vila” ofrecemos información referente á situación dunha cartería (Correos) na Praza do Calvario. Porque a fotografía naquel intre era algo raro, extra, se nos ofrece un gravado –apunte- do ano 1882.

Trátase dun sencillo “croquis” que aparece na revista La Ilustración Gallega y Asturiana, tomo IV, páx. 175, (Madrid, 1882). Dito apunte é do colaborador gráfico da referida revista, D. Gabriel Serafín Salgado de Guevara, médico santiagués, veciño da nosa vila*.
Na páxina 177, faise este pequeño comentario (despois de falar da igrexa e do concello): “No lejos (de la iglesia) y formando ángulo hállase la Casa-correo, no muy monumental ni grandiosa, pero que bastaría a las necesidades del pueblo, aunque al Gobierno y la Diputación dieren una extensión que tardarán mucho en dar a tan importante servicio”.

O edificio da Casa-Correo, como é doado coñecer a súa localización, atopábase ao norte da Praza do Calvario, entre a Farmacia de D. Isaac García (hoxe Tenda Paquín) e o monumento ao Cabaqueiro. Esta verosímil localización sería a primeira sede da Cartería de O Rosal. Disto fai agora 136 anos.
A seguinte situación, isto é, a “segunda sede” de Correos, foi no edificio unido á Casa do Concello, lado dereito, onde estivo ata fai pouco, o Correo e o Teléfono (hoxe, a Oficina de Información Xuvenil-OMIX).
