Atendendo ás últimas recomendacións marcadas dende a Xunta de Galicia e aos protocolos de prevención estipulados polos expertos para a contención do COVID-19, o Concello do Rosal levará a cabo as seguintes medidas preventivas:

  • Aprazamento de todas as actividades relacionadas cos cursos do programa ‘Reactívate’.
  • Aprazamento de toda a axenda cultural e de lecer do mes de marzo.

Estas medidas de carácter preventivo faranse efectivas a partir do vindeiro luns 16 de marzo e estarán en vigor ata finais de mes. Chegada esa data serán avaliadas de novo tendo en conta o desenvolvemento da situación e seguindo as recomendacións establecidas tanto pola Xunta de Galicia como polo Ministerio de Sanidade.

Lémbrase ás familias que a Xunta de Galicia suspendeu as clases en todos os centros educativos galegos e a todos os niveis dende o luns e durante 14 días como medida preventiva, así como todas as actividades extraescolares. Tamén decretou o peche de centros de maiores, centros sociocomunitarios, museos, bibliotecas e arquivos e limitou a afluencia a eventos en espazos pechados a 50 persoas e en espazos maiores a un terzo do aforo total.

O Concello do Rosal ponse a total disposición do órgano competente da Xunta de Galicia nesta materia para o que considere oportuno”.