O Coro Ecos do Folón, nas Festas de San José

Poster Ecos do Folón Fornelos O Rosal

O Coro Ecos do Folón de Fornelos (O Rosal) cantará este sábado 19 de marzo ás 12:30 horas, a misa das Festas na honra de San José, na xuradía de Novás. Esta agrupación, que foi fundada en xaneiro de 2008 grazas aos socios da Asociación de Veciños e Socio-Cultural “Río Folón” de Fornelos, está dirixida por Jorge Fernández González, natural de Tomiño.

O Coro “Ecos do Folón”, tal e como se pode ler no seu blog, “fixo a súa presentación oficial ante o público o 26 de decembro do 2009, moi ben apadriñados pola Coral Polifónica de Atios e pola Coral Polifónica de A Cañiza. O evento tivo lugar na Igrexa Parroquial de Santa Mariña de O Rosal”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies