O concerto de Santa Icía, o 3 de decembro

concerto-santa-icia-agrupacion-musical-do-rosal-copia

A Agrupación Musical do Rosal, celebrará o tradicional concerto anual con motivo da patroa dos músicos, Santa Icía. Será o vindeiro sábado 3 de decembro, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal do Rosal.

Dirixido polo mestre José Javier Bascoy “o concerto terá como temática as Melodías do Cáucaso, música de Khachaturian, Amirov, Reed…”

A banda da Agrupación, que este ano fixo o seu 30º Aniversario, dará un concerto no Auditorio, onde debutarán novos integrantes. A velada rematará cunha cea coa que toda a familia da Agrupación celebrará a patroa dos músicos.

O concerto de Santa Icía da Agrupación Musical do Rosal é un evento que non pode faltar ano tras ano na axenda cultural da vila rosaleira. Celébrase sempre nunha das fins de semana posteriores á conmemoración da patroa dos músicos (22 de novembro); este ano terá lugar o próximo sábado, día 3 de decembro.

A tarde de actos comezará cunha misa ás 18:30 na honra a Santa Icía, na Igrexa Parroquial de Santa Mariña. A continuación terá lugar o acto central da celebración, o concerto da banda, que terá lugar ás 20:30 horas no Auditorio Municipal do Rosal, no que farán a súa presentación dous novos integrantes: Juan Román, de 12 anos, e Sergio Rivero, de 14, ambos da especialidade de percusión.

Para esta ocasión a banda preparou un programa baseado en música de países do Cáucaso (Armenia, Azerbaiján, Georgia, etc.). Estará composto por obras de Fikret Amirov, Aram Kachaturian e Alfred Reed, ademais dalgunha sorpresa. Esta velada festiva terminará cunha cea‐baile na que participarán músicos, socios e familiares
da Agrupación Musical. 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies