O Club Ciclista O Rosal, canteira de campións

Plantilla Club Ciclista O Rosal

O sábado 16 de abril tivo lugar a presentación do Club Ciclista O Rosal 2016 no Auditorio Municipal da vila “cun total de vintesete integrantes á espera de confirmar novas incorporacións”. Segundo o CC. O Rosal, que preside Gerardo Álvarez Martínez, esta plantilla de corredores e corredoras “está conformada para participar neste ano 2016 nas modalidades de Fondo en Estrada, BTT XCO, BTT Descenso (DH) e Ciclocróss”.

Sen dúbida haberá que estar moi atentos, un ano máis, á evolución dos seus compoñentes, xa que o Club Ciclista O Rosal dende os seus inicios -alá polo ano 1981- é unha auténtica canteira de campións (Gustavo Otero Gómez, Serafín Martínez Acevedo, Aser Estévez Cividanes, Antonio Portela Rodríguez, Raúl Fernández Lorenzo, etc).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies