O clarinetista vigués Xosé Antón Comesaña, gañador do III Concurso “Antonio Granja”

Xosé Antón Comesaña O Rosal

Fotos: Jesús González (Suso) / Agrupación Musical do Rosal

Informa: Agrupación Musical do Rosal.

O clarinetista vigués Xosé Antón Comesaña, gañador do  III Concurso de Xoves Intérpretes “Antonio Granja”

O certame, organizado pola Agrupación Musical do Rosal, contou por vez primeira cunha categoría aberta a xoves músicos de entre 17 e 23 anos de calquera procedencia. Juan José López e Sara Pumar acadaron 2º e 3º premio, respectivamente.

Este ano, coincidindo co 30º Aniversario da agrupación rosaleira, quíxoselle dar un xiro ao formato deste certame, que en anteriores edicións destinaba tódalas súas categorías a alumnos da súa Escola de Música. Para iso, a xunta directiva da asociación considerou oportuno abrir, nesta 3ª edición, a súa categoría de máis idade a participantes de calquera procedencia. O concurso, dende os seus inicios, fai homenaxe co seu nome a un dos socios fundadores e principais precursores deste colectivo musical do Baixo Miño.

Así pois, durante a mañá do pasado domingo 24 competiron 17 intérpretes de toda Galicia polos sete postos dispoñibles na fase final que tería lugar ese mesmo día ás 19:00 horas. Aparte da contía dos premios (500, 300 e 200 euros), o gañador do concurso tería nun futuro a oportunidade de actuar como solista coa Banda da Agrupación. Finalmente, e tras unha difícil deliberación debido ao alto nivel de tódolos finalistas, o xurado decidiu conceder os tres primeiros postos aos xoves músicos arriba mencionados, todos eles da especialidade de clarinete. Na xornada do sábado, os gañadores foron Laura Riveiro Amorín e David Rodríguez Castro (categorías A e B respectivamente), onde tamén obtiveron unha mención especial María Pereira e Uxía Aldea.

O certame, que dende as primeiras edicións tiña como obxectivo fomentar entre os alumnos da escola de música o estudio, a superación persoal e a competición sá trata, coa apertura desta categoría, de converterse nun referente a nivel galego para os xoves talentos musicais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.