
O Real Club Celta de Vigo vén de anunciar que o vindeiro 20 de xullo xogará en EEUU por primeira vez na súa historia, en concreto contra o San Jose Earthquakes da Major League Soccer (MLS).
Ademais confírmase dende a cidade olívica que o seguinte rival de pretempada será o SC Braga de Portugal, disputándose o encontro o 29 de xullo no Estadio Municipal luso.