O CANTANTE ROSALEIRO JOSÉ PÉREZ ACTUOU NA VILA DA GUARDA E SEGUE COLLEITANDO ELOXIOS POLA SÚA VOZ

(Foto: Pablo González/TVG)
O cantante rosaleiro José Pérez, representante da zona do Miño (Baixo Miño, Condado e Paradanta) no concurso “Recantos” do Luar-TVG, ven de actuar, tamén en solitario, nas Festas de San Cayetano, na Guarda.
En concreto, foi o sábado 24 de novembro, como colofón e con motivo da celebración da Romaría de Santa Catalina, na Cruzada, despois das actuacións dos grupos Coiro Vello, Carainas, Paliqueiras e Xamaraina.
Coa famosa cantante Lolita, en Luar
José Pérez, que ven de clasificarse para unha nova fase no concurso da Televisión de Galicia, coa canción “Xúrame”, de Juan Camacho, intentará de novo sorprender ao público -e á audiencia- co coñecido tema “Libre”, de Nino Bravo.
José co cantante Francisco, que nos consta, o felicitou pola súa gran voz
¡¡Dende Noticias O Rosal, desexámoslle moita sorte!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies