O CANTANTE JOSÉ PÉREZ ACTÚA NO AUDITORIO MUNICIPAL CON MOTIVO DO CONCERTO DE NADAL DO MARQUIER

José Pérez na compaña do veterano cantante Manolo Escobar
O cantante rosaleiro José Pérez, representante da zona do Miño (Baixo Miño, Condado e Paradanta) no concurso Recantos do programa Luar (TVG), actuará este mércores 19 de decembro no Auditorio Municipal.
A cita será a partir das 20:00 horas con motivo do concerto de Nadal dos alumnos e alumnas do CPI Manuel Suárez Marquier que estará coordinado polo profesorado de música.
O rosaleiro coa coñecida actriz e cantante Sara Montiel
Así mesmo, as cámaras da Televisión de Galicia volverán ese mesmo día, pero de mañá, a O Rosal para gravar a José Pérez, quen terá a súa actuación no escenario de Luar o vindeiro venres 4 de xaneiro interpretando a canción “Libre” de Nino Bravo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies