Javier Costas. Foto Sandra Gardini
Javier Costas na proba de lonxitude en Vigo. (Foto: Sandra Gardini)

Segundo comunica o Club de Atletismo Coruña Comarca comezou a tempada de competicións de aire libre co clásico XXIX Trofeo Reconquista, que se celebrou nas pistas de Balaídos (Vigo) o pasado domingo 27 de marzo.

O atleta de O Rosal, Javier Costas, aínda en categoría junior, supérase a si mesmo xa que “tuvo una destacada actuación tanto en los 100 metros como en el salto de longitud, donde consiguió sus mejores marcas personales“.

Segundo o club do noso veciño, esta foi “una primera toma de contacto para nuestros atletas que todavía están inmersos en la preparación de las competiciones más importantes de verano”. Javier Costas logrou nos 100 metros parar o crono en 11.53, “marcando el tercer mejor registro de la competición sólo superado por José García (que registró 11.35 ventosos en otra serie) y por el guardés Sergio Rodríguez Teixeira, su entrenador, que venció con 11.18″.

Na proba de lonxitude, superou en dúas ocasións a súa mellor marca cun rexistro final de 6m 27 cm, conseguindo o sexto posto na clasificación xeral”.

Vídeo a cámara lenta do salto:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.