O Acanor Novás, campión da Copa Federación

O filial do Acanor Atlético Novás de Primeira Autonómica vén de proclamarse hoxe, domingo 23 de abril, campión da Copa Federación, tras derrotar na gran final ao seu homólogo do Seis do Nadal (32-30).

O Pavillón Municipal do Rosal, sede deste torneo, vibrou coa actuación dos homes que dirixe Jimy Fernández, tanto nas semifinais de onte fronte ao BM Culleredo (30-19), como no partido decisivo desta mañá fronte aos de Coia.

Marcos Pequeño recibe o premio a Mellor Xogador de mans de Lito Martínez, concelleiro de Deportes

Raúl Pérez (Seis do Nadal) foi elixido Mellor Porteiro da competición. Pola súa banda, o trofeo individual máis importante foi para Marcos Pequeño (Acanor Atlético Novás), elixido Mellor Xogador desta Copa Federación 2017.

Esta foi a clasificación da “Final Four”: 

Os campións celebrando a vitoria na Copa no “Chafariz” do Calvario

CAMPIÓN – Acanor Atlético Novás “B”.

SUBCAMPIÓN – Seis do Nadal “B”.

TERCEIRO – BM. Culleredo.

CUARTO – BM. Narón.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies