Nuria Martínez e Eric Barceló disputaron o Campionato de España de Judo

O pasado sábado 7 de maio celebrouse en Formentera (Illas Baleares) o Campionato de España Cadete de Judo no que participaron dous judokas do Rosal, Nuria Martínez Lomba e Eric Barceló Rodríguez
Ambos os dous pertencen ao Club de Judo DO-MAJO, formando parte da expedición da Selección Galega. Xunto a eles estivo a súa adestradora, Mónica Pacheco, técnica tamén da mencionada selección.
En categoría de -52 kg, Nuria, tras gañar o seu combate en primeira rolda con grande superioridade, tivo que retirarse no seguinte por lesión.
Pola súa banda Eric, en -50 Kg., gañou todos os seus combates pola máxima puntuación, chegando a semifinais co extremeño Daniel Santiago, actual Campión de España, a quen non conseguiu superar.

No combate na busca do Bronce, tras ir gañando ata o último minuto, Eric cometeu un erro e caíu debaixo do seu opoñente, téndose que conformar co quinto posto final.

Pero iso si, o noso veciño desquitouse participando coa Selección Galega na competición por equipos, proclamándose Campións de España. ¡Noraboa!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies