Novás, ¡como non te vou a querer! by “Frony”

Frony
Sergio Diego. (Foto: Arquivo Noticias O Rosal)

Facémonos eco -unha vez máis- doutra mensaxe, chea de paixón, que vén de publicar nas redes sociais con motivo do final de Liga, Sergio Diego, “Frony“, un dos máis ferventes e incondicionais seguidores do Atlético Novás de balonmán. Copiamos literalmente, con mínimas modificacións de tradución ao galego, a “carta” de Frony ao club dos seus amores, que, ademais, ía acompañada desta imaxe:

Novás Foto Frony
Foto: Frony / facebook

“¡Como non te vou a quererAta setembro amigo!

Cando te coñecín xamais pensei que poderíamos estar tan unidos e que te botaría tanto de menos cada vez que te alonxas de min. 

Sabes que en setembro aí estarei como sempre para arrancar unha nova aventura e coa ilusión dun neno e como o primeiro día, porque ti máis eu, como di o mítico “you’ll never walk alone”, nunca camiñarás só, sempre camiñaremos xuntos.

Dame igual terceiro que cuarto, en 1ª ou na “B”… sempre estarei moi orgulloso de ti. Por todos os momentos que me levas dado, sitios que me tes ensinado, toda a xente que levo coñecido, todo o que me queda por vivir aínda contigo e sobre todo, valores. Grazas!!

Só espero poder poñerte canto antes no lugar que te mereces, espero e desexo que sexa para o ano, se non, saberás como sempre que eu estarei ao teu lado. ¡Vémonos en setembro, amigo!

¡¡AÚPA NOVÁS!!”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies