Mar. Nov 29th, 2022

Este sábado 1 de outubro, coincidindo coa inauguración da nova Praza do Calvario, a redacción de Noticias O Rosal estará aberta ao público dende as 17:00 ás 22:00 horas nas instalacións da súa sede oficial, Librería & Editorial Tamuxe (rúa Jesús Noya, nº 1).

Logo de 14 anos na Rede –a web cultural rosaleira fundouse o 16 de maio de 2008– dende o pasado Día das Letras Galegas 2022, Noticias O Rosal ten unha oficina para as súas lectoras e lectores, con publicacións sobre a comarca do Baixo Miño e aínda de Galicia á súa disposición para consulta.

Por suposto, dende Librería & Editorial Tamuxe, ademais de xestionar a páxina Noticias O Rosal tamén se ofrece a posibilidade de adquirir diferentes libros e produtos de temática galega, pois dende a súa apertura estableceuse un convenio coa coñecida Fábrica de Nikis.

Para calquera consulta ou para máis información, podes escribirnos a info@noticiasorosal.es

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies