Noé Cortiñas Brey (O Rosal), campión provincial de Footgolf

Segundo nos comunican dende a Asociación Galega de Footgolf (AGFG), o deportista rosaleiro Noé Cortiñas Brey vén de proclamarse CAMPIÓN da primeira edición do Campionato Provincial Individual de FOOTGOLF (Pontevedra, 2020).

Logo de dúas etapas (11 e 25 de outubro) disputadas na modalidade Stroke Play no campo de Footgolf de As Faias (San Xoán de Tabagón-O Rosal), o noso veciño (116 golpes, 6 golpes baixo Par) superou a Ricardo Álvarez Puig (Vigo, 121 golpes, 1 golpe baixo Par) e a Sito Campo Míguez (Porriño, 125 golpes, 3 golpes por enriba do Par).

A AGFG lémbranos que o Campo de Footgolf de As Faias -Par 61- foi o primeiro campo de práctica da especialidade en Galicia. “O footgolf, é un deporte que consiste na fusión do fútbol e do golf onde os xogadores golpean un balón de fútbol para introducilo nos buratos no menor número de golpes posible. Foi creado en Holanda no 2009. Xogáronse tres mundiais, en Hungría 2012, Arxentina 2016 e Marruecos 2018“.

¡Dende Noticias O Rosal, a nosa sincera noraboa para Noé Cortiñas Brey!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies