Mar. Ene 31st, 2023
Información e fotografías: Acanor Atlético Novás
Nikolai Tsybanev (Volgogrado-Rusia, 1964), está considerado un dos mellores xogadores que
pasou pola historia do Atlético Novás.  
Chegou ao Rosal a finais do século pasado e botou raíces aquí. Primeiro
como xogador, e logo como adestrador en diferentes categorías, o seu apelido
vai  unido ao nome do club dende fai case
dúas décadas.
Dende hai dous anos é a man dereita de Modesto Augusto no primeiro plantel (xa fora
auxiliar doutros técnicos). Labor que compaxina coa de adestrador do equipo
xuvenil.
Hoxe dispútase a décima xornada de Primeira Nacional cumprindo así o primeiro tercio
da competición. Se ben é certo que non ocupa o lugar que esperaba, apunta que
“este ano a liga e máis larga, polo que penso que aínda temos opcións. O
malo é que non dependemos de nós”. Xa que o Acanor parte cunha desvantaxe
de 7 puntos con respecto aos dos equipos que actualmente están nos postos de
privilexio.
 
O
que xoga a favor do club é que quizais os ‘cocos’ do grupo xa os pasou, e de
aquí ao final da primeira volta veñen compromisos máis asequibles,
“partidos que veñen ben para recuperar a moral, e tamén para recuperar aos lesionados, xa que
temos a varios xogadores que veñen acarrexando molestias dende hai varias
xornadas”.
Entre
eles, os seus fillos. Para Nikolai é especial adestralos, sen embargo cre “que eles igual están fartos de min, xa que lles esixo máis que ao
resto”. Sobre os puntos fortes e
débiles de ambos, opina “que de Sergey, quédome co seu lanzamento. De Alex
a visión de xogo. O seu lunar, os ligamentos e tendóns. Na súa curta vida
deportiva pasaron gran parte no dique seco”.
O
rival de hoxe é o Granitos Ibéricos (19:45 h), que ocupa a antepenúltima
posición. Tras un mal arranque, con Andrés Acuña ao frente, buscaron un
revulsivo contratando a Jota. Ata o momento conseguiron dous puntos nas cinco
xornadas que leva no cargo. Tsybanev, que compartiu banquillo co adestrador do
Morrazo, deséxalle o mellor ao seu amigo Jota “É un bo entrenador e gran
persoa. Este ano o vai ter complicado, chegou fai pouco ao club e cun
equipo feito. Non é doado adaptar aos xogadores á súa maneira de traballar e
visión de xogo. De todos xeitos, penso que salvarán a categoría”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies