Fíxose público a través das redes sociais: “O Acanor Novás e Nico López Rey chegan a un acordo”.
Segundo se comunica dende a institución deportiva que preside Andrés Senra, “no día de hoxe, a directiva do club rosaleiro pechou a incorporación do central internacional (Madrid, 1994), que chega procedente do Balonmano Guadalajara, club que rematou na duodécima posición da liga Bauhauss ASOBAL e na que Nico sumou 57 tantos.
O xove xogador hispano-arxentino, que se formou no Balonmano Alcobendas, un habitual da selección madrileña (na que coincidiu con Charli Rodríguez), uniuse no verán do 2014 ao Balonmano Guadalajara. Ademais foi internacional en categoría xuvenil e promesas e recibiu tamén a chamada do seleccionador arxentino, non sendo posible a convocatoria por problemas de visado.

Animo e moita sorte