Hoxe, venres 1 de maio, coincidindo co Día Internacional dos Traballadores, anunciamos o nacemento na nosa vila do xornal O ROSALEIRO.

Tal e como lembramos na primeira páxina do nº 1 desta nova publicación, que de momento podedes desfrutar dixitalmente “o vindeiro sábado 16 de maio deste 2020 a nosa páxina web cultural e deportiva, NOTICIAS O ROSAL (www.noticiasorosal.es), cumprirá nada máis e nada menos que 12 anos en Internet.

Para conmemorar esa sinalada efeméride decidimos crear este pequeno xornal, que nomeamos O ROSALEIRO, para os que non teñen a posibilidade de “navegar”. Igualmente, para seguir camiñando á vosa beira, deixando constancia para a Historia, non só dixitalmente, senón tamén en formato impreso. (Proximamente, en canto avance a “Desescalada” motivada pola crise sanitaria do COVID-19 anunciaremos dende NOTICIAS O ROSAL o lugar e a maneira de poder conseguir en papel esta nova publicación).

Queremos unha vez máis, darvos en verdade, as  infinitas grazas por lernos, comentarnos e acompañarnos nesta traballosa pero incrible aventura informativa e xornalística, que decidimos emprender no ano 2008″.

¡GRACIÑAS A TODOS/AS! #12Aniversario #NoticiasORosal #OROSALEIRO

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.