Segundo se informa dende a Asociación Cultural Xida, que preside Óscar Álvarez Alonso, este luns 24 de xullo celebrarase na Praza do Calvario (O Rosal) o I Festival Xente Xida. 

Coincidindo coa tradicional celebración local da Festa do Pilar e a noite véspera do Día de Galicia, 25 de Xullo día do Apóstolo Santiago. A Asociación Cultural Xida comprácese en presentar este primeiro festival folk onde dende primeira hora se poderá acudir a desfrutar con algúns dos mellores artistas do panorama musical galego.

O Trebón dos Xidos actuando na Feira do Viño do Rosal 2017. (Foto: J.R.)

A partir das nove da noite, as actuacións de grupos da bisbarra como as pandereteiras “Tremelique” e o grupo da asociación organizadora de gaitas e percusión tradicional “O Trebón dos Xidos” animarán os asistentes co seu bo facer. Grandes artistas de nome recoñecido como “Pelepau” ou “Tino Baz” nos amosará a súa mestría, e “Ludovaina”, dende Cangas, presentará nesta localidade a seu disco “Bicos, abrasos e apalpasos”.

Foto: Pandereteiras Tremelique

No recinto da festa, na Praza do Calvario, cantina, bebida e comida a prezos populares e “porco ó espeto” dende Portugal para que ninguén se perda un minuto deste festival. Haberá sorteos entre os asistentes e agasallos para “os máis” bailadores e de seguro algunha sorpresa máis…. 

O cantautor guardés, Tino Baz. (Foto: remitida)

A Asociación Cultural Xida pretende crear “unha festa distinta onde a cultura do noso tome relevancia, unha festa para todos os públicos na que estamos a por todo o noso esforzo para que demostrar que hai un oco para a nosa música nas festas e festivais, dende a asociación facemos un chamamento para que todo aquel que queira desfrutar dunha noite especial entre música e diversión se achegue ao concello do Rosal o vindeiro 24 de xullo”.

Sen máis, agradecer en especial á Concellería de Cultura do Rosal e a tódolos colaboradores e socios da A.C.XIDA que en conxunto están a facer un gran esforzo para que todo saia o mellor posible”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.