Jue. Oct 6th, 2022
Vén de crearse recentemente un novidoso e interesante blog sobre A Cabaqueira, os cabaqueiros e a súa xerga: “Esjaravellando Cabaqueiro” (escribindo cabaqueiro). O seu coordinador é Antonio Cividanes Rodríguez, da Gándara -nas súas propias palabras- “un namorado do verbo do cabaqueiro”. Preguntándolle o por que da creación deste blog respóndenos que “a idea xorde do meu interese por aprender o verbo xa fai uns anos. Empecei a comprar os libros que se editaron sobre o cabaqueiro, a lelos e tratar de aprender ou recordar moitas palabras que a través dos anos fun escoitando… porque na casa de meus pais, no falar cotidiano, saltaba o verbo cada dous por tres”. Lamentáse Antonio da falta de información en Internet e xustifica desta maneira a creación do blog “sorpréndeme que non haxa nada sobre o cabaqueiro… hasta a wikipedia está baleira, só sae en Internet o da Festa (12 de outubro), e aquí nace a ocorrencia do blog, escribir en cabaqueiro e traducilo para que haxa unha informacion no mundo de que existiu e aínda existe este idioma ou xerga dos nosos vellos e antepasados… e que a todo o que lle interese o tema poida recordar ou aprender coma min un pouco o cabaqueiro.” En definitiva, o que pretende o coordinador deste blog da cabaqueira é “deixar na rede unha información o máis veraz posible”. (Fotos: A.C.R.). Dende Noticias O Rosal desexámoslle a “Esjaravellando Cabaqueiro” (http://www.cabaqueira.blogspot.com/) unha longa vida á vez que lle transmitimos a Antonio a nosa sincera noraboa por esta loable iniciativa.
Un comentario en «Nace o primeiro blog sobre A Cabaqueira»
  1. "Antonio Cividanes Rodríguez",te agradecemos en el alma todos los CABAQUEIROS,de toda la zona qué un jóven se preocupe por la "Cultura" llamemósla de una profesión centenaria qué tantas satisfaciones y disgustos nos proporcionó en nuestra juventud. Soy Telleireiro de Salcidos con 75 años cumplidos,gracias y que Dios te lo compense.
    (A.P.A Minguillo)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies