De esquerda a dereita, Carlos, José Luis e Alejandro, fundadores de Delesta

Nace ANIMACIONES Y ESPECTÁCULOS DELESTA, unha nova entidade ubicada en O Rosal (Pontevedra), fundada por Carlos Rodríguez Vicente, Alejandro Rodríguez Vicente e José Luis Rodríguez Martínez, que se quere identificar e diferenciar polo seu nome, de orixe cabaqueiro. Nesta antiga fala do Baixo Miño, Delesta, significa “Festa”. 

Esta nova firma, que conta con monitores de lecer e tempo libre, así como animadores socioculturais de O Rosal e A Guarda, abarcará, dende a contratación de orquestras e Dj’s, ata hinchables, celebración de festas privadas, cumpreanos, así como presentación e programación de todo tipo de eventos de lecer, deportivos, turísticos e culturais.

Animaciones y Espectáculos Delesta contará coa axuda e colaboración, tanto do recoñecido Restaurante Juan de O Rosal, para poder celebrar diferentes actos nos seus magníficos salóns, como tamén de xente da zona, involucrada coa causa, para axudar nas diferentes saídas, andainas e actos que se poidan realizar ao longo do ano.

Dende Delesta lembran que teñen páxina de Facebook e Instagram: Animaciones y Espectáculos Delesta e con correo electrónico: animacionesdelesta@gmail.com

O gran obxectivo é “que a xente o pase ben e disfrute de cada celebración”. Esta será a nosa forma de traballo, baixo un eslogan que nos identifica ao 100%: “O tempo todo o cura, pero unha boa festa, sempre axuda”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies