Nace a BTT do Atlántico cun circuito polos montes da Guarda, Oia e O Rosal

Informa: Qualité Sport
A primeira edición da marcha BTT do Atlántico inicia o vindeiro mércores 20 de xaneiro o seu período de inscricións.
Esta proba non competitiva de 40 quilómetros vaise celebrar dende as 9:30 da mañá do domingo 20 de marzo e transcorrerá pola ruta de BTT que percorre a Serra da Groba, atravesando os concellos do Rosal, Oia e A Guarda. Precisamente, será neste último municipio onde se sitúen as liñas de saída e meta, nas inmediacións do CEIP A Sangriña.
As inscricións para esta proba poderanse realizar desde o 20 de xaneiro ata o 16 de marzo na web www.championchipnorte.com, de forma presencial no ximnasio Excálibur do Rosal ou mediante transferencia bancaria. Esta marcha ciclista estará limitada a un máximo de 400 participantes e será preciso ter cumpridos os 16 anos, no día da súa celebración, para poder participar.
A I BTT do Atlántico está organizada por Qualité Sport Events, a mesma entidade que puxo en marcha con éxito as carreiras 10K O Rosal-Feira do Viño e 15K do Atlántico. O seu responsable, o rosaleiro Serafín Martínez, declarou que “con esta ruta en BTT, ao igual que coas probas de running que celebramos nesta bisbarra, buscamos dinamizar e dar a coñecer a través da práctica deportiva os fermosos paraxes naturais do Baixo Miño. É por iso que tamén nesta ocasión contaremos coa colaboración dos concellos da Guarda, Oia e o Rosal”.
A organización contará cunha páxina web www.bttdoatlantico.com na que darán conta polo miúdo de tódalas novidades que vaian xurdindo ao redor da proba.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies