Este domingo 22 de xaneiro* terá lugar a Romaría de San Vicente en Marzán (O Rosal).
Segundo a Organización “dende primeiras horas da mañá haberá música ambiental a cargo de Electrosil de Tomiño”.
A partir das 10:00 horas da mañá, actuación do grupo de gaitas “Do lusco ó fusco” de A Guarda. Durante a Romaría serviranse callos caseiros.
Ás 11:30 horas, celebrarase a misa solemne con sermón e procesión, acompañada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal.
Rematada a misa, tradicional subasta de produtos típicos de O Rosal. Unha salva de bombas porá punto e final á Romaría.
*En caso de choiva aprazarase para o seguinte domingo 29 de xaneiro.