Mozos/as do Baixo Miño no OurenRock Sound

A II edición do OurenRock Sound terá lugar os vindeiros días 2 e 3 de xuño de 2017 en Bemposta (Ourense).

Segundo nos comunican, un grupo de rosaleiros/as e mocidade do Baixo Miño asistirán a este festival de rock, no que actuarán grupos como Boikot, La Raiz, Dakidarría, The Skarnivals, etc.

Tal e como reza o cartel do evento -que agarda reunir a uns 2000 festivaleiros– tamén se celebrará a 1ª Feira do Viño do Grupo Reboreda Morgadío, con pulpeira e artesano. Podes conseguir as túas entradas aquí.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.