Mozos/as de A Guarda e O Rosal buscan compañeiros/as para asistir ao Viña Rock

 Viña Rock

Segundo nos veñen de comunicar varios dos nosos lectores, estase preparando dende o Baixo Miño unha viaxe organizada para asistir ao coñecido XXI Festival de Arte-Nativo Viña Rock (Villarrobledo-Albacete) que se celebrará os vindeiros días 28, 29 e 30 de abril.

Os coordinadores desta expedición -que sairá o mércores 27 deste mes- sinalan que xa hai 19 inscritos, na súa maioría veciños/as da Guarda e O Rosal, precisando 6 persoas máis para encher e contratar un económico, rentable e cómodo microbús da empresa A.T.S.A. para poder disfrutar todos tranquilamente, despreocupándose de levar vehículos propios.

Este autobús, para quen desexe ir ao Viña Rock, sexa da provincia galega que sexa, establecerá ademais da vila da Guarda, como “punto de recollida de pasaxeiros” a Praza de España de Vigo.

Viña Rock 2016 web
Fotos: Organización Viña Rock

O pasado ano, na celebración do seu XX aniversario, o Festival contou coa presenza de cantantes e grupos como Manu Chao, Los Suaves, Rosendo, Sínkope ou Reincidentes, que reuniu a máis de 200.000 visitantes.

Nesta edición do Viña Rock 2016 poderase disfrutar de -entre outros artistas- La Fuga, Dakidarría, Barón Rojo, SFDK, Def con Dos, El Chojín, El último ke zierre, Chambao, Kutxi Romero, El Reno Renardo, etc, etc. 

Para quen o desexe, a organización desta viaxe tamén se encargaría de retirar as entradas correspondentes (Abono Viña Rock 2016 + Camping: 65 €). Para máis información ou para apuntarse, podedes chamar ao teléfono 663 492 355 (Sergio).

1 thought on “Mozos/as de A Guarda e O Rosal buscan compañeiros/as para asistir ao Viña Rock

  1. Hola buenas me gustaria saber si al finl hicisteis el autobus ya que estoi bastante interesado.gracias un saludo ☺

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies