Monólogo de J.J. Vaquero en O Rosal

Monólogo de J.J. Vaquero en O Rosal

Xa están á venda as entradas para o monólogo que realizará J.J. Vaquero no auditorio municipal de O Rosal, o vindeiro sábado 19 de marzo ás 21:30 h. Podes mercar a túa en: Administración de Loterías, Bar A Competencia e Comercial Erredos (O Rosal); Carnicería Florentiña (Tomiño); Informática Jaime, Disco Pub Singular e Bar-Bocatería Barros (A Guarda). 12 € anticipada, 15 € en taquilla.

Segundo se afirma dende o Acanor Atlético Novás, organizador do evento, “José Juan Vaquero (Valladolid, 1973) é un cómico áxil, rudo e sen pelos na lingua. Guionista e colaborador de ‘El Hormiguero’, é un referente do humor canalla. Tamén é colaborador de radio en Yu: No te pierdas nada nos 40 Principales e en Lo mejor que te puede pasar de Onda MelodíaFoi tamén guionista das 29 e 30 Gala dos Premios Goya. Nas súas actuacións aborda sen rodeos situacións cotidiáns sobre as mulleres, a familia ou os amigos”.

O espectáculo de J.J. Vaquero máis recente, Padre, hija y Espíritu Santo producido por Paramount Comedy, “desenrola un discurso coherente no que, sen descoidar a comedia, cóntanos unha historia basada nas dúbidas que lle xorden á súa filla de 4 anos acerca da Biblia”.

Lembran dende o Novás que “tamén gravou monólogos para El Club de la Comedia de la Sexta e para Sopa de Gansos de Cuatro. Ademais forma parte do espectáculo “En Bruto” junto a Iñaki Urrutia e “Humor de Protección Oficial” con Alex Clavero, Fran el Chavo, Nacho García e Quique Matilla”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies