Monólogo de Isi (TVG) no Auditorio do Rosal

Informa: Agrupación Musical do Rosal

A Agrupación Musical do Rosal, seguindo coa aposta de organizar todo tipo de actos culturais e lúdicos co fin de recadar fondos para as súas propias actividades, informa que este sábado 18 de marzo ás 22:00 horas o Auditorio do Rosal acollerá un monólogo de “ISI”, que nos contará o seu anecdotario persoal, para facernos rir coas historias máis divertidas da súa vida.

Isi é un dos humoristas máis queridos e coñecidos de Galicia grazas as súas participacións en programas de entretemento da Televisión de Galicia, como SuperMartes, Air Galicia, Land Rober ou Todo queda na casa.

Isi cóntanos a súa vida e historias dun modo cercano, distendido e con toda a súa impresionante capacidade torácica que lle permite falar durante horas sen perder o sentido. Un contahistorias do cotiá, capaz de chegar tanto ó público rural como urbano grazas a súa simpatía e cercanía.

O prezo das entradas é de 6 € anticipada e 8 € en taquilla. Se estades interesados en asistir podedes reservar a vosa entrada nos teléfonos 986.626.311 ou 609.866.792. Ademais para facilitar a súa compra temos varios puntos de venda espallados polo Baixo Miño.

O Rosal: Auditorio do Rosal, Milar-Teleson, Exclusivas Alonso
Camposancos: Bar-Restaurante O Couto
A Guarda: The Celtic Harp, Frutería Vilar
Tomiño: Carnicería Florentiña
Loureza: Bar El Puente

Se queres escachar coa risa e de paso colaborar coa Agrupación Musical do Rosal, non o penses……. Esperámosvos!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies