Miño Films estará na VII Subida a Oia desta fin de semana (25 e 26 outubro)

Este sábado 25 e o domingo 26 de outubro terá lugar a VII edición da Subida a Oia 2014, organizada pola Escudería Baixo Miño que preside María Caride e que contará por vez primeira coa colaboración e cobertura da produtora audiovisual Miño Films TV*, fundada recentemente polos rosaleiros Cristóbal Coímbra e Juan Ramón Martínez.

Segundo se pode ler súa na web e na revista oficial, a proba é puntuable para os seguintes Campionatos e Trofeos: 
– Campionato de Galicia de Montaña. 
– Copa de Galicia de Montaña para o Grupo “N”. 
– Copa de Galicia de Montaña para o Grupo “A”. 
– Copa de Galicia de Montaña para o Grupo “X”. 
– Copa de Galicia de Automóbiles Históricos de Montaña (Anexo J 1981). 
– Copa de Galicia de Montaña para o Grupo “P”. 
– Copa de Galicia de Montaña para o Grupo “CM”. 
– Copa de Galicia de Montaña para o Grupo “SCC”. 
– Copa de Galicia de Montaña para Escuderías (Grupos N, A e X). 
– Terceiro Reto ETS Racing Fuels 2014. 
– 1ª Challenge “No + Pinchazos de Montaña 2014″. 
– 1ª Cup CNB/CAMAC 2014. 

En palabras do rexidor de Santa María de Oia, Alejandro Rodríguez Rodríguez “o espectáculo do automóbil volverá durante estes días (25 e 26) a ocupar un excepcional protagonismo na comarca de Oia e a singular paisaxe de montaña e mar xuntos, volverá a ser protagonista dun acontecemento deportivo de grande resonancia local e rexional”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies