A mellor tortilla do mundo, en Pías (O Rosal)

A miña é a mellor tortilla do mundo“. Esta frase, que a bo seguro a escoitamos moitas veces na nosa vida -xa a amigos, xa a familiares- foi repetida o pasado sábado 11 de marzo, con motivo da tradicional Feira de San Gregorio, pois Pías (O Rosal) celebrou o III Concurso Veciñal da Tortilla de Pataca.

Este evento gastronómico foi, sen dúbida, o máis concorrido dende a súa creación, tanto en canto a público como a participantes. Nada máis e nada menos que 25 concursantes animáronse a competir nesta terceira edición.

Segundo a Organización “presentáronse 13 tortillas na modalidade de innovación e 12 tortillas na modalidade clásica (isto é, ovos, patacas e, como moito, cebola)”. O presentador deste III Concurso, Juan Ramón Martínez Barbosa, foi o encargado de ir comentando todos os pormenores dun certame gastronómico que volveu a contar cos xuíces Óscar, Brais e Noly coa nova incorporación de Pablo.

Realmente curiosas foron algunhas das tortillas “innovadoras” presentadas ao concurso. En Pías puidéronse ver tortillas de torrenos, de bacallao, de boniato caramelizado, de chourizo e champiñóns, de gambas, de castaña, de tetilla ou mesmo unha “tortipizza”…

Inés Pereira volveu a convertirse na “Raíña da Tortilla” ao revalidar o seu título do pasado ano na modalidade de innovación coa súa torta de hojaldre.

Este foi o “cadro de honra” das diferentes modalidades.

TORTILLA CLÁSICA                                                                   TORTILLA INNOVACIÓN

Campión: Da Joreña.                                                                  Campiona: Inés Pereira.

Subcampión: Javi González.                                                    Subcampión: César Lorenzo.

3º posto: Rosa Fernández.                                                        3º posto: Beatriz Mauri.

Velaquí vos deixamos algunhas imaxes deste III Concurso Veciñal da Tortilla de Pataca de San Gregorio (Pías-O Rosal).

« 1 de 2 »

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies