Martín prepárase para as Festas de San Xoán ’19

Riky e Pablo coa imaxe de San Xoán (obra de Félix Gómez Fidalgo). (Foto: Comisión)

O barrio de Martín (xuradía de Fornelos, O Rosal) celebrará as súas grandes Festas na honra de San Xoán os vindeiros días 21, 22 e 23 de xuño.

O venres 21, a partir das 22:30 horas, gran verbena a cargo do trío LA NOCHE (O Grove).

O sábado 22, ás 20:00 horas, GRAN SARDIÑADA (sardiñas, pementos, viño e pan de broa) e tamén tapas de tortilla e empanada. Amenizará o grupo de gaitas AIRIÑOS DO FOLÓN. Xa ás 23:00 horas, gran verbena cos tríos LA CLAVE e ADREDDE. A partir das 0:00 horas, a GRAN FOGUEIRA DE SAN XOÁN.

O domingo 23, ás 10:00 horas, o grupo de gaitas AIRIÑOS DO FOLÓN percorrerá as rúas do pobo para xa ás 12:00 horas, dar comezo á MISA de campaña. Pola tarde, a partir das 17:00 horas, inchables, touro mecánico e pintacaras “para disfrute de nenos e maiores” (actividades de balde).

A activa COMISIÓN DE FESTAS anuncia que haberá cantina e pulpeiro a precios populares, estando o recinto cuberto cunha carpa

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies